Na tarde de onte celebrouse na sede da Secretaría Xeral para o Deporte a primeira xuntanza da FGA cos organizadores de probas populares. Ao acto asistiron un nutrido grupo de organizadores de distintas probas atléticas para expor e dar a coñecer o seu traballo feito á vez de debatir os principais problemas cos que se atopan. Entre os asistentes atopábanse representantes da Media Maratón de Feirarrúa, El Correo Gallego, Casa da Xuventude de Ourense, Club Alejandro Gómez, Fundación Oscar Pereiro, Club Venturiña, Concello de Rábade, Concello de A Pobra, entre outros. A xuntanza presidida polo Secretario Xeral da FGA, Víctor Arufe, tivo como eixe principal concienciar aos organizadores do cumplimento da normativa vixente do Real Decreto 1428/2003 sobre o uso da vía pública para probas deportivas. Pois ainda hai moitas probas que non están a cumprir os requisitos esixidos, o que desvirtua a imaxen do atletismo e poden crear situacións potencialmente perigosas para os atletas participantes, tal como é o caso de valados mal postos, ausencia do corte do tráfico, falta de aseos, falta da contratación de seguros, etc. A FGA sendo consciente do esforzo que supón organizar un evento, e da labor altruista e desinteresada que desempeñan moitos organizadores, está implantando progresivamente a normativa aprobada dende o ano 2007, na Xunta Directiva da FGA, que versa sobre a normativa de carreiras populares, recollida na Circular 74-2009, á mesma ten a finalidade de servir de guía básica para o organizador e analizar os distintos aspectos que debe cumprir, mellorando así a calidade das probas deportivas de todo o territorio galego. A FGA quere agradecer públicamente o esforzo feito por todalas persoas que presenciaron o evento.