Resultados

A FGA informará aos concellos e entidades organizadoras de carreiras populares sobre a importancia de cumplir a normativa co fin de asegurar unha práctica segura e saudable do atletismo

A FGA convocou para este venres ás 18:00 horas na sede da Secretaría Xeral para o Deporte a todolos concellos e clubes que organizan carreiras populares. A reunión estará presidida polo secretario Xeral da FGA, Víctor Arufe e a mesma terá como principal pilar o coñecemento da normativa existente en relación a organización de probas en ruta que utilicen a vía pública. Víctor Arufe sinala que o obxectivo desta xuntanza é informar aos organizadores da importancia de cumplir a normativa para evitar posibles riscos e accidentes indesexados, velando así por unha mellor calidade organizativa deste eventos, que en ocasións, pese á labor altruista e desinteresada dos organizadores, carecen de medidas de seguridade básicas e infrinxen a normativa actual. Neste sentido a FGA ten obrigación de informar e concienciar aos organizadores. Destacar tamén que o secretario Xeral da FGA foi convidado pola Universidade Politécnica de Madrid para impartir o vindeiro 12 de decembro un curso sobre organización de eventos deportivos.

A FGA convocou para este venres ás 18:00 horas na sede da Secretaría Xeral para o Deporte a todolos concellos e clubes que organizan carreiras populares. A reunión estará presidida polo secretario Xeral da FGA, Víctor Arufe e a mesma terá como principal pilar o coñecemento da normativa existente en relación a organización de probas en ruta que utilicen a vía pública. Víctor Arufe sinala que o obxectivo é informar aos organizadores da importancia de cumplir a normativa para evitar posibles riscos e accidentes indeseados, velando así por unha mellor calidade organizativa deste eventos, que en ocasións, pese á labor altruista e desinteresada dos organizadores, carecen de medidas de seguridade básicas e infrinxen a normativa. Neste sentido a FGA ten obrigación de informar e concienciar aos organizadores. Destacar tamén que o secretario Xeral da FGA foi convidado pola Universidade Politécnica de Madrid para impartir o vindeiro 12 de decembro un curso sobre organización de eventos deportivos.

Compartir: