Resultados

Fantástica actuación dos atletas galegos en Llodio. Sandra Mosquera e Lolo Penas os grandes protagonistas de Llodio

Na mañá de onte disputouse en Llodio o XXVI Cross Valle de Llodio, ata alí desprazáronse varios atletas galegos con vistas a facer un bo papel para intentar acudir ao europeo ca selección española de cross. Na proba junior femenina a atleta do Comesaña Sporting Club, Sandra Mosquera mostraba unha tempada mais o seu dominio nesta disciplina e entraba en primeira posición cun tempo de 12´17´´. Nesta mesma proba a académica Leticia Fernandez remataba tamén nunha moi boa 9ª praza. Xa na carreira senior, facía unha extraordinaria actuación Lolo Penas, que se clasificaba en 10º lugar, acadando o posto de 5º español e tamén bo posto para Marta Fernández (CSC) que remataba en 14º lugar, sendo 9º española. Na carreira masculina destacar tamén ao incombustible Suso de la Fuente que acadaba a 19º posición, sendo 12º español. Sen dúbica algunha a temporada de cross comeza cun gran nivel por parte dos atletas galegos. Lembremos que este ano o Nacional de campo a través disputarase no Circuito da Torre de Hércules en A Coruña.

Compartir: