Resultados

Robertas Geralavicius y María Jesús Gestido se levaron o triunfo na carreira benefica de Mos

Preto de 1500 participantes tomaron a saída na II Edicion da Carreira Benefica organizada polo ciclita Oscar Pereiro. O lituano Robertas Geralavicius no cadro masculino e María Jesús Gestido fíxoo no feminino. Óscar Pereiro, o anfitrión e organizador, acabou no vixésimo cuarto posto logo de ter como lebre durante todo o camiño ao mundialista Pedro Nimo, que disputaba a súa primeira carreira tras a lesión do Mundial de Berlín. No desenvolvemento dos 10 quilómetros, Pedro Nimo deu o primeiro machadazo

O santiagués enseguida refuxiouse no paquete intermedio para tirar do seu amigo Óscar Pereiro. En realidade quen gobernou a carreira en todo momento foi o lituano fincado en Santiago Robertas Geralavicius, un clásico das populares que xa viviu algún mundial baixo teito coa súa selección e que espera estar en Barcelona o próximo verán no Europeo.O ritmo de Robertas tan só puido ser seguido por Rubén Castro, un lucense enrolando no Ourense Academia Postal, que entrou a cinco segundos. O podio completouno o santiagués Juan Pablo Fernández.
Tampouco tivo moita historia a carreira feminina. María Jesús Gestido, a vixente campioa de España de maratón levou o peso da súa carreira e gañou con máis dun minuto de vantaxe con respecto á incombustible Soidade Castro, mentres que Margarita Fontes-Pila, un dos grandes reclamos da proba era terceira. A cántabra chegou lesionada a Mos e fixo o esforzo de correr para tomar parte na cita solidaria.
Antes da carreira absoluta e a modo de aperitivo medio milleiro de rapaces disputaron a carreira infantil e Alejandro Gómez tivo a oportunidade de presentar en sociedade o seu novo equipo de atletismo popular. O propio Gómez, con 42 anos ao lombo, celebrou o acontecemento cun resaltable undécimo posto na xeneral, xusto por detrás doutro ilustre como Elías Domínguez.

Compartir: