Na mañán de hoxe recibíamos nesta federación a triste noticia dun accidente de tráfico no cal estiveron involucrados indirectamente atletas da Sociedade Atlética Val Miñor que se desprazaron onte á Carreira de San Martiño. Unha colisión frontal cun turismo debido ao estado da calzada pola choiva foi a causa da colisión ca furgoneta da Sociedade Atlética Val Miñor. As atletas Victoria Rodriguez, Francisco Rodriguez e Daniel Rodriguez tiveron feridas leves excepto unha, Sandra Rodriguez, que tivo que ser ingresada na UCI por fractura de clavícula donde evoluciona favorablemente. Dende a FGA desexamos todo o mellor para estes nenos e esperamos que pronto poidan estar novamente con nós, participando nos distintos campionatos.