Trofeo Tetrathlon 25 anos do S.F. Lucus

O pasado dia 8 no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, o San Fernando Lucus, organizou o Trofeo Tetrathlón con motivo da celebración do 25 aniversario da fundación do Club.
A competición estivo aberta a todas as categorías en homes e mulleres e nela déronse citas moitos atletas, que se sumaron á festa do club.
O acto central da conmemoración será a cea-gala do XXV Aniversario que se celebrará día 20 de novembro ás 21 horas no Gran Hotel Lugo (Avda Ramón Ferreiro 21, Lugo), acto que presidirá o Ilmo Sr Alcalde de Lugo do que esperamos contar coa súa presenza, e coa doutras autoridades locais.
Resultados Trofeo

Compartir: