O coruñés Lolo Penas xa ten o seu primeiro título continental. O atleta galego
proclamouse en Dublín campión de Europa de cros penal (é funcionario de prisións de profesión) sacando máis de dous minutos ao seu perseguidor, tamén un español. O representante francés completou o
podio. Penas preparara a conciencian a cita de Irlanda. Por dous motivos: para agradecer as facilidades que está atopando á hora de poder adestrar e por conseguir un triunfo máis aló do atletismo
doméstico. Nun día con aguanieve, con tres graos de temperatura e cunha humidade do 97% o coruñés marcou diferenzas desde a mesma saída. Nun principio acompañoulle un grupo pero a partir do
quilómetro tres xa puido levantar o pé e levar a carreira con comodidade para entrar na liña de meta con dous minutos e 20 segundos de adianto sobre o segundo. En total investiu 30m 31s en cubrir
os 10,2 quilómetros de que constaba o percorrido. En clave penal, Penas comentou que «quería dedicar esta vitoria aos meus compañeiros de traballo de Madrid VIN, aos xefes do centro e aos mandos do
mesmo pola axuda e ánimo que me dan. Tamén a Estrela Pardo e a Félix González da Secretaria Xeral por permitirme adestrar en Madrid».O seu próximo reto será rebaixar a súa propia plusmarca galega
dos 10 quilómetros en ruta (28m 51s). Espera pulverizarla na Popular de Canillejas que se correrá o vindeiro domingo.
Cronica La Voz de Galicia