Conferencia sector de valos no CGTD en Pontevedra

O sábado 7 de novembro, o sector de valos da FGA organizariamos na sala de actos do CGTD unha conferencia dirixida por Jesús Álvarez, responsable do sector de valos da RFEA. Tratarase o tema de valos para iniciación, exercicios do dia a dia e metodoloxía de adestramento para etapas de perfeccionamento. A charla esta aberta a todos os adestradores e atletas que queiran asistir. Comezará ás 12:00 horas, coa exposición oral, logo con vídeos prácticos, ata as 13,30 ou 14,00.
Ás 16,00-16,30 celebrarase unha mesa redonda entre os adestradores que o desexen. Ás 18.00 horas haberá unha reunión técnica do sector FGA, ata as 19,30h.. Na reunión técnica tratásense propostas de concentracións e reunións técnicas, calendario, probas e necesidades. Poderán asistir todolos adestradores afiliados á EGA que se inscriban antes do vindeiro venres no mail: secgeneral@fgatletismo.com

Compartir: