Resultados

Campionato de España Cadete: 8 medallas: 2 Ouro, 3 pratas y 3 bronces

Bo balance dos cadetes galegos desprazados ao Prat de Llobregat na disputa de Campionato de España Cadete, onde se lograron un total de 4 medallas na 1º xornada da competición.
As mulleres foron as protagonistas ao conseguir Belén Toimil do Sierra Narón proclamarse Campioa en lanzamento de peso con 12,73 metros. Prata para Marta Lolo do Coruña Comarca en triplo salto cunha marca de 11,17 e bronce para Lorena Guitian do ADAS con 1,58 metros.
En homes o atleta do San Narciso Luís González fíxose co bronce en martelo con 56,57 metros.
Para hoxe dispútanse as finais que faltan e en moitas delas haberá representación galega, como en 100 m. valas e 300 valos onde se meteu na final Antia Martinez, tambien Alejandra Suarez disputará a final de 300 m.lisos. Dario Soto e Gonzalo Basconcellos metéronse nos 1000 metros e Claudia Martinez logrou meterse nos 600 ao pasar por tempos.

Xornada Domingo 18 Mañá
Disputáronse varias finais na mañá e Antia Martinez Queimaño do Morrazo, logrou a medalla de prata en 300 valos cun rexistro de 48.39 e clasificouse para a final de 100 valos. Na final de lonxitude, tres foron as nosas atletas que competiron sendo a mellor clasificación para Lorena Guitian do ADAS con 5,14 e 5º posición. Marta Lolo do Coruña Comarca con 4,75 (11ª) e Maria Gonzalez do ADAS con 4,69 (12º), na final de 300 Alejandra Suarez do Coruña Comarca con 43.92 foi 7ª e Marisol Diz do Cuntis logrou a 4º praza en 3Km. Marcha con 15.23.20, sendo 8ª Antia Freijomil do Morrazo nas combinadas Exathlón con 3.099 puntos

Xornada Domingo 18 Tarde
Na xornada de tarde tres novas atletas foron para os cadetes galegos. A de ouro foi para Belén Toimil Fernandez do Sierra Narón que fai dobrete de Campiona e á medalla en peso, suma a de disco con 37,97 metros. Nesta proba Lidia Fernández do Liceo foise á 5ª posición ao lanzar o artefacto a 34,19. A medalla de prata foi para Luís González Diz do San Narciso en peso con 15,36 metros e repite podium logrado o sábado en martelo onde logrou o bronce. Ultímaa medalla da tarde correu cargo Dario Soto do Ria Ferrol na proba de 1000 metros con 2.38.84 que lle valio a medalla de bronce.
A actuación galega completouse co noveno posto de Gonzalo Basconcellos do SMO con 2.43.10, en altura Kevin Rubén López con 1,80 (4ª) David Barreira con 1,74 (6º) e Iván Rodriguez con 1,74 (7º) En 600 metros Claudia Martinez ocupou o posto 11 con 1.47.87 e Eva Cid en 1000 metros con 3.14.32 foise á 12ª praza. Finalizando o Campionato coa disputa da final de 100 valos onde Antia Martinez do Morrazo, que era unha das favoritas para medalla, tívose con conformar coa quinta posición cuns discretos 16.25.
En resumo boa actuación de nuestos cadetes que lograron un total de 8 medallas (2 ouros, 3 pratas e 3 bronces) ¡ parabén a todos¡
. Resultados Actuaccion galega

Compartir: