Resultados

VIII Campionato de España Cadete: Unha vintena de atletas galegos competirán en Barcelona.

Este fin de semana disputarase o Campionato de España de atletismo categoría cadete no Prat de Llobregat, Barcelona, nunhas datas pouco apropiadas pero obrigadas polo apertado calendario da federación española. Sobre un total de case 700 inscritos, só unha vintena serán atletas galegos, pertencentes a clubs de toda a comunidade e en case todas as modalidades atléticas.
Con todo, as opcións de medalla son varias. Destacar a Belén Toimil, do Sierra Narón, que parte coa mellor marca en peso, 12.52m e a segunda en disco, 35.02m. Tamén Luís González, do San Narciso de Marín, terceiro mellor rexistro en peso, 14.84m e martelo, 56.20m ou Antía Martínez, do Atletismo Morrazo, que cunha marca de 13.88, é a segunda española en 100m valos. Ademais, cuartos postos de saída para Iván Rodríguez, do Suárez Marquier e Lorena Guitián, subcampioa 2008, ambos en altura e Marta Lolo en triplo, que optan tamén ao podio ou polo menos a ser finalistas.

Compartir: