Por segundo ano Galicia será sede da celebración dun Curso de Adestrador de Club (Nivel II da RFEA). Esta comunidade é unha das poucas privilexiadas que acollen este curso, xunto a Málaga, Madrid e Barcelona. O Curso terá comezo o venres ás 16:00 horas no seminario 8 do Pazo da Cultura en Pontevedra e conta co apoio do IMD de Pontevedra. Mariano García-Verdugo será o primer profesor que impartirá docencia no ámbito da Teoría e práctica do adestramento, xa na tarde do sábado os alumnos presenciarán a charla de Paco Gil, Director da Escola Nacional de Adestradores que falará sobre o adestramento dos valados. Todolos afialiados da EGA que desexen acudir as clases do curso poderán facelo, co fin de reciclar os coñecementos. A Escola Galega de Adestradores continua a traballar na xestión para que o seguinte nivel Curso de Adestrador Nacional de Atletismo poida celebrarse tamén aquí en Galicia o que sería moi bo para os técnicos galegos.