Finalizado o prazo de inscrición, definitivamente son 2.825 os
atletas que participarán en A Coruña 10. As carreiras iniciaranse ás 11.00 h do domingo día 11 coa categoría absoluta e continuarán ata as 13.15 h, en que se dará a saída aos máis pequenos. O tempo
acompañará, segundo predicións consultadas, polo que é previsible que o vento non se opoña, como algún atleta temía, a que poida baterse algún dos recors da proba (aínda que o feminino é moi
difícil). É conveniente que os participantes noveis sigan os cosejos que a FGA deu a coñecer para lograr que esta III Edición sexa unha auténtica festa do atletismo galego.
Retirada de dorsais
Poderá facerse o a tenda de deportes do Corte Inglés o sábado día 10 entre as 10.00 e as 20.00 horas.
Agradecemento
A FGA agradece a vosa colaboración na promoción desta carreira. Convosco seguiremos crecendo. Grazas.
Importante:
Por favor se é posible mirar as lista dos atletas inscritos e memorizar o dorsal asignado para poder axilizar a súa entrega.
Listas de inscritos: Adultos por apellidos – Adultos dorsal Menores apellidos – Menores dorsal