Como un acto máis da carreira popular A Coruña 10, a FGA visitou as instalacións de Coca-Cola na Coruña. A visita é froito da invitación formulada pola Dirección Xeral de Begano con motivo do 50 aniversario de Coca-Cola en Galicia. A FGA estivo representada polo seu Presidente Isidoro Hornillos e polos atletas internacionais de distintas especialidades como o mundialista Pedro Nimo e os Campións de España Gustavo Dacal (xavelina) e Jean-Marie Okutu (lonxitude), asi como o saltador de triplo José A. Palomanes. Coca-Cola é un dos grandes colaboradores da FGA, á que sempre a apoiado nas súas competicións e programas para difundir a importancia do atletismo como medio para desenvolvemento e fomento do deporte saudable