O Comité Técnico da FGA crea a Escola Galega de marcha que estará dirixida polo marchador olímpico Santiago Perez e contará cos mellores adestradores especialistas na marcha, entre eles Ramilo Comesaña, Javier Vazquez, Javier Ferreiro, J.A. Pardal…. Con esta iniciativa preténdese resaltar a actividade deste sector e poder así formar a técnicos interesados nesta disciplina e optimizar os recursos para poder disfrutar, ainda mais, do nivel da marcha galega. Noraboa a Santi Pérez e desexamos o mellor nesta andadura como director da Escola Galega de marcha.