A terceira edición da carreira A Coruña 10, que terá lugar este domingo
11 de outubro, será á vez o II Campionato Galego de 10.000 metros en ruta. Tras o éxito das dúas edicións anteriores (na primeira participaron 1.300 atletas e na segunda fixérono
2.200), nesta están inscritos, ata este momento 2.773 atletas, polo que, dado o ritmo de inscricións dos últimos días, pódense alcanzar, e ata superar, os 3.000 participantes. Haberá distintas
clasificacións por categorías e catro carreiras:
– Absoluta: Senior, promesa, júnior e veteranos: 10.000 metros.
– Categorías menores:
B: Benjamines e alevíns: 1.200 metros.
A: Infantís, cadetes e xuvenís: 4.000 metros.
Pitufos: 150 metros
A saída e a meta estarán situadas nas proximidades do Obelisco.
Para a categoría absoluta a saída será ás 11.00 horas. Para os menores A, será ás 12.30 e para os menores B, ás 13.00. Os máis pequenos sairán ás 13.15 desde o Teatro Colón
O percorrido será: Obelisco-Av da Mariña- Cidade deportiva da Torre- Paseo Marítimo- Casa da auga- Av. Rubine- Cantón Grande-Obelisco. O circuíto é practicamente plano e propicio para obter boas
marcas, poidendose bater algún dos records vixentes dende 2007.
Participantes
Na primeira edición os vencedores, con record vixente na proba, foron os kenyanos Jacob Yator (28.48) e Gladis Cherono (32.06) en 2008 o marroquí Hamid o Mouaziz (29.49) a portuguesa Ana Días
(34.16). Os campións galegos de 2008 son Lolo Penas (30.10) e Mª Jesús Gestido (35.31). Estes dous atletas galegos participarán na carreira do día 11.Tambien confirmaron a súa participación os
kenyanos Peter Kirui (28.18 en 10.000 m), Cosmas Kemboi (29.12 en 10.000 m), Gladis Cherono e Agnes Chebet (33´01 en 10.000 m).
Múltiples premios
– Homes e mulleres: Premios en metálico para os 8 primeiros clasificados. Trofeo para os 3 primeiros.
– Premios en metálico para os 3 primeiros atletas galegos (non acumulables).
– Premio en metálico para o atleta, home e muller que, coa mellor
marca, bata o record da proba.
– Premio especial para Clubs: Para os Clubs federados que con máis atletas terminen a proba (total de homes e mulleres).
– Medallas para os máis pequenos.
Recomendacións para os corredores noveis
– Facer un arrequecemento previo.
– Almorzar dúas horas antes do arrequecemento.
– Facer estiramentos despois da proba.
– Avituallamiento en km 5 e zona de meta.
– Fisioterapia e masaxe en zona de meta.
Inscricións e retirada de dorsais :
Lémbrase que as inscricións no Corte Inglés rematou o dia 6 e soamente poden inscribirse ata hoxe xoves dia 8 ata as 20,00 horas, na web http://www.atletismogalego.org. NON ADMITINDO NINGUNHA INSCRIPCION REMATADO O PRAZO. Os dorsais seran entregado o proximo sábado na
instalación do Corte Inglés (Casa da auga) na rúa Manuel Murguia desde as 10 horas ata as 20 horas.
Tamén se poderá recoller o dorsal e o chip na zona de saída o domingo desde as 9 horas ata as 10,30 horas (adultos) e desde as 10,30 ata as 12,00 horas (carreira de menores)
Nesta edicción descargate o video da tua chegada en http://www.corriendovoy.com/