A falta de 2 días para o peche de inscricións rexístranse perto de 2500 inscritos. Importante: nenos e maiores deben inscribirse a través da web (nenos e maiores)

Este xoves ás 20:00 horas rematará o prazo de inscrición na III Carreira Coruña 10. Todolos nenos e maiores que desexen participar deben facer a inscrición a través da web. Non se admitirá ningunha inscrición a partir do xoves. Soamente os nenos da categoría de pitufos poderán participar na proba sen previa inscrición. Os atletas federados que desexen participar no Campionato Galego de 10 km ruta deben por o seu número de licencia e club ao que pertenecen. Todolos federados que non inclúan o número de licencia non computarán para a clasificación do campionato galego. Como novidade este ano contratouse un servicio de filmación donde todolos atleas que cheguen a meta poderán descargar o seu video da entrada en meta na web http://www.corriendovoy.com/.

Circuito Cartel Reglamento

Compartir: