Manuel Penas e Marta Fernández, dúas dos nomes que relocen no firmamento
atlético galego, levaron onte o triunfo da Vigo 11, carreira pedestre popular de 11 quilómetros que se disputou polo centro da cidade olívica. Ata 21 rúas diferentes atravesou esta proba que
congregou a preto dun milleiro de participantes de distintas categorías.
Na liña de meta, establecida en Concepción Areal, o mesmo lugar de onde
partiron os atletas, Manuel Penas, integrante do Puma Chapín Xerez, parou o cronómetro en 33 minutos 27 segundos. Tras o internacional (estivo nos Campionatos do Mundo de Berlín este verán)
clasificáronse Jesús da Fonte, outro dos nomes nos que se apoia na actualidade o fondo de Galicia, e Daniel Bargiela, un home con moito mérito que alcanza cotas de relevo en maratón. (ir a
noticia ampliada)
A carreira absoluta presentaba como aliciente o ter, no seu traxecto, dous metas volantes, a de Caixanova e O Corte Inglés. No seu discorrer sen altibaixos, sen contratempos, sabendo conter o
ímpeto dos seus rivais, tanto Manuel Penas como Marta Fernández se adjdicaron igualmente estes premios intermedios. Para cada unha destas metas volantes existía un estímulo económico de 300 euros.
A de Caixanova estaba situada na Praza da Independencia e a do Corte Inglés en Gran Vía.
Entre as mulleres, Marta Fernández, coa camiseta do club máis antigo de Galicia, o Comesaña Sporting Club, demostrou loxicamente que quere volver ser a que foi, que en realidade xa está aquí, e
corrobórao o seu triunfo por diante de María Jesús Gestido, do Praias de Jandía, e da persistente María Soidade Castro, tamén do Comesaña.
E claro. Ademais das carreiras de máis alto valor atlético, houbo outras, tamén está claro cos seus compeones e campioas. En alevíns e benjamines (algo máis de 2 quilómetros) gañou Iria Rodríguez,
do C.A. Porriño. A de infantís e cadetes (cun quilómetro máis que a anterior) adxudicoulla Gonzalo Basconcelo, do San Miguel de Oya. En xuvenís gañou Samuel Rodríguez e en juniors, Carlos Yáñez,
ambos de Moaña, mentres que Ricardo Vale, do Sporting Clube de Braga, levou a copa en promesas. E en veteranos o triunfo recaeu nada menos que nun olímpico, Carlos Adán, aclamado polo público. É
outro dos exemplos con que contamos.