Resultados

Hoxe presentouse a III Carreira Popular Coruña 10. Xan Martinez anunciou que A Coruña será a única cidade galega con celebración de 3 grandes probas atléticas:10 km, Media Maratón e Maratón

Está mañá tivo lugar no Corte Inglés de Catro Caminos a presentación da III Carreira Popular A Coruña 10. Ao acto asistiu o concelleiro de deportes do Concello de A Coruña Xan Martinez, o responsable de relacións externas do Corte Inglés Pati Blanco e membros da Federación Galega de Atletismo. O concelleiro destacou a gran labor da Federación organizando este tipo de eventos que sin dúbida algunha achegan o deporte a todolos ciudadáns. Ademais anunciou que está a traballar ca Federación Galega de Atletismo nun proxecto para que A Coruña sexa a única cidade galega que acolla 3 grandes probas atléticas: 10 km ruta (que este ano xa cumple a súa terceira edición), Media Maratón (contando xa cunha edición) e próximamente a Maratón. Dende o seu inicio A Coruña 10 incrementa nun 100% o seu número de participantes, na primeira edición participaron perto de 1000 atletas, na segunda perto de 2000 e nesta edición espérase chegar aos 3000 participantes. O prazo de inscricóns rematará o vindeiro xoves día 8 ás 20:00 horas. Non aceptándose ningunha inscrición despois de esta data. Lembrar que haberá perto de 10.000 euros en premios en metálico e tamén premios para os clubes que mais atletas presenten na meta.

Compartir: