O Comité Olímpico Español ven de facer público o listado de membros das distintas comisión polas que se rexirá o COE no vindeiro periodo 2009-13. Nesta lista selecta de persoas, aparecen nomes de recoñecidos deportistas internacionais e tamén entre eles a adestradora galega María José Martinez Patiño, quen foi responsable do sector de valados durante moitos anos nesta federación. Dende esta FGA felicitamos a Maria José por este éxito de pertencer a unha das comisións do Comité Olímpico Español.