Fase Previa do Campionato de España de clubs Junior

O pasado 19 en León, celebrouse a fase previa do Campionato de España de Clubs junior, en dnde interviñeron o Ourense Academia Posta e Sociedade Gimnastica de Pontevedral en homes e o Atletismo Feminino Celta e Ourense Academia Postal en mulleres.
Os vencedores individuais en homes foron: Enrique Prego (SGP) en 400v (57.65) Francisco da Igrexa (SGP) en 800 (1.58.83), Francisco Durán (OAAP) en 5 Km. Marcha (25.42.0), David Ferrer (SGP) en lonxitude (6,63) e Santiago Ferrer en pértega (4,20)
En mulleres, Esther Navarrete en 3000 (11.26.03) e Lucia Pérez en triplo (11,13) Noelia Ferradanes en martelo(41,11) en relevos 4×400 o Atletismo Femenio Celta con 4.30.78

Competiron cos nosos equipos en categoría masculina o Cidade de Léon, Krafft San Sebastián e o Viño Touro Caixa Rural, No encontro feminino foron o Bidezabal, Krafft San Sabestian, Cidade de Leon e o Anta Adegas FDR..
Unha vez computado a totalidade dos encontros, a mellor clasificación correu a cargo do Atletismo Femnino Celta en 8º posición con 11.327 puntos, e 11 Ourense Academia Postal con 10467 en mulleres, sendo a Sociedade Gimnastica de Pontevedra 13ª con 10.961 e o Ourense Academia Postal non logrou a minina de 10000 puntos, alcanzando soamente 9.860 puntos en homes Resultados

Foto: Atletas junior do AFC

Compartir: