O atleta José Rodríguez Moure do Coruña Comarca e Iria
Fernández do Ourense Academia Postal foron os vencedores absolutos da I
Carreira Popular IberCaja Torre de Hércules, que se celebrou no enclave do monumento Patrimonio da Humanidade.
Completaron o podio en categoría masculina Eladio Gómez , Independente e Santiago Alonso do Coruña Comarca, mentres en categoría feminina Paula
Mayobre do Porto de Alacante e Elena González do Marineda Atlético foron segunda e terceira.
Preto de 350 atletas dos 516 inscritos déronse cita nunha mañá chuviosa para percorrer os 6.280 metros do percorrido.
O atleta olímpico Andrés Díaz foi o encargado de dar a saída a esta primeira edición Resultados
completos