O mercores dia 16 tera lugar o acto de inauguracion do curso no Centro Galego de Tecnificacion Deportiva

Todolos atletas, pais e presidentes dos clubes que teñan deportistas no CGTD están convidados a asistir ao acto inaugural do Curso 2009/10 do CGTD. As 12:30 dará comezo no pavillón dos deportes, ao acto está prevista a asistencia do presidente da Xunta de Galicia D. Alberto Núñez Feijoo, acompañado polo Secretario Xeral para o Deporte, D. José Ramón Lete e a Directora do CGTD Elena Fernandez. Os interesados poden descargar aquí o programa PROGRAMA

Compartir: