Pese ao bo tempo que está a facer nestes días, tres concellos galegos acollerán este fin de semana 3 carreiras populares para que os atletas populares e federados galegos poidan disfrutar dunha xornada atlética veraniega. Mañán sábado día 22 terá lugar XIII Carreira Popular de Noia organizada polo Club Atletismo de Noia na cal participarán perto de 500 atletas que loitarán por acadar un dos 5 premios en metálico que ofrecen. Na xornada do domingo día 23 O Corgo acolle a primeira edición da Carreira Popular Arumes do Corgo, o evento organizado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo conta cun bo despliegue organizativa o cal asegurará o éxito desta primeira edición ademais de ofrecer aos participantes premios en metálico para os tres primeiros clasificados. Tamén na xornada da mañán do domingo terá lugar en Betanzos a XIV edición da Carreira Popular de Betanzos, evento organizado polo club Atletismo As Mariñas que intentará acadar a cifra de 400 participantes e repartirán camiseta para todolos participantes ademais de trofeo aos tres primeiros de cada unha das 10 categorías establecidas. Ademais o Concello de Cuntis celebrará o VII Criterium de marcha Vila de Cuntis para todos aqueles atletas marchadores interesados neste campionato. Animamos a participar a todolos aficcionados a este deporte nestes eventos que pouco a pouco afíncanse no panorama do atletismo galego.