A Xunta Directiva e Comisión Delegada da Real Federación Española de Atletismo na súa xuntanza de onte aprobou a concesión de 3 campionatos de España para Galicia. De esta maneira Vigo acollerá o Campionato de España de federacións de 1ª categoría de pista ao aire libre, no que Galicia ten tanto o equipo masculino como o feminino. A Coruña acollerá o importante e histórico Campionato de España de campo a través e Ribadavia disfrutará do Campionato de España de veteráns de campo a través por clubes. Ca celebración destes 3 campionatos Galicia continua a acoller grandes eventos do atletismo o que repercutirá positivamente na promoción deste deporte.