A atleta do Comesaña, Sandra Mosquera forma parte do equipo español que compite no Campionato de Europa júnior en Novi Sad (Serbia). A atleta viguesa que é campioa de España júnior de pista cuberta e ao aire libre, participou esta tempada nos campionatos europeo e mundial de Campo a través, probas para as que se clasificou ao ser a gañadora do Campionato de España celebrado en marzo en Albacete. A súa mellor marca en 1.500, proba na que participará no europeo, é 4.27.75, conseguida o 20 de xuño en Bilbao, e coa que ocupa o primeiro lugar no ranking nacional da categoría
Ultima Hora: Sandra Mosquera non mellora a súa marca de 1500 no Europeo Junior A atleta do Comesaña Sandra Mosquera , a única galega no campionato de Europa Junior que toma parte do campionato non consegue mellorar a súa marca da tempada de 4.25.75 e na semifinais dos 1500 fixo 4.36.31 que a deixa fóra da final. A carreira da súa semifinal foi rápida pois as dúas primeiras baixaron de 4.16.A vencedora Safarova 4.15.72 e a rusa Yachmeneva 4.15.74