Oscar Piñeiro e Monserrat Carreira Campions Galegos de Montaña

Na localidade ourensá de Esgos, celebrouse o Campionato Galego de Montaña e a 3º Subida Esgos ou Eirado, onde cruzou a meta en primeira posición o atleta do Ourense Academia Postal Oscar Piñero que invirtiu un tempo de 1.00.13, sendo a 2º posición para Manuel Oliver Pérez das Mariñas con 1.02.56, e en terceira posicion Manuel Martinez do Real Club Atletismo Celta con 1.03.41. En categoria feminina a vencedora foi Monserrat Carreira do Comesaña con 1.27.19, estando aompañda no podium por Silvia Deira do Milladoiro con 1.29.37 e Begoña Doniz do Veteranos Ourense con 1.33.18. Un total de 179 atletas cruzaron a liña de meta Resultados

Compartir: