Resultados

Campionato España Junior: 9 medallas para os galegos

Na localidade mallorquina de Calviá celebrouse o Campionato de España Junior onde se deron cita unha trintena de atletas galegos, varios ían con serias opcións de medalla e así foi.
A primeira xornada comezou con tres galegas en competición, na proba de 10 Km. Marcha mulleres onde ningunha das tres conseguiron mellorar as súas marcas, como Maria Babarro que acadou a 11º praza cun tempo de 59.33.13, Samantha Mulloni con 1,00.42.36 (12) e Rebeca Obenza con 1.01.10.38 (14). Tamén nesta primeira xornada se celebrou as probas de decathlon. O junior da Sociedade Ximnástica, Santiago Ferrer en 100 metros realizou 11.93 (4) e 6,43 (2) en lonxitude, 11,46 peso (3)

Sabado: Xornada de Tarde Na xornada de tarde acadáronse as dúas primeiras medallas do Campionato, que estiveron a cargo de Lucia Pérez Currás, en triplo cunha marca de 12,32 MMT, o que vén demostrar o gran progreso da xoven atleta do Atletismo Feminino Celta, que logra o seu primeiro Titulo Nacional, medalla de prata para Pablo Denis na proba de martelo con 62,05, tamén mellorando a súa marca persoal, na mesma proba Carlos Revuelta, en 11ª posición con 48,72 . Tamén medalla de prata para Iria Abelleira en altura con 1,65,sendo cuarta Leticia Gil con 1,63 (MMT ). Medalla de bronce para Borja Barbeito en xavalina con 59,63 sendo Borja Ave con 49,08 acadando a 12ª plaza..Bo campionato de Santi Ferrer que aparte de parcipar en decathlón , tomo parte de “a súa” proba de pértega e fíxose coa cuarta praza con 4,56 MMT.
En disco mulleres, Maria Morado lanzou 29.00 metros, clasificándose na 6º posición. Na agarda das finais de mañá, a xornada saldouse coa clasificación para a final de 200 de Korai Bures cun rexistro de 26.86 ,en 400 Beatriz Capeans, logrou meterse na final de 400 ao lograr o seu MMT con 58.46 ,sendo eliminado en semifinais Roberto Prado en 100 metros con 11.88, en 110 valos nas eliminatorias, Tomás Lozano non se clasificou ao realizar 16,83 sendo Denis Galán 2º da súa serie con 14.91 e acadando a clasificación para semifinais. Non entrado na final de 800 Alberto Chaves con 1.58.13 e Francisco Iglesias con 1.55.19 Continua en competición de decathlón Santiago Ferrer que logo de 5 probas marcha en terceira posición con 3.043 puntos.

Domingo Xornada de mañan A mañá comezou coa disputa do 10 Km. Marcha, e unha nova medalla para os galegos a cargo de David Veiga cun rexistro de 48.19.14. que lle valeu a medalla de bronce. Santi Ferrer en decathlon realizou 16.24 en 110 valos e 28,36 en disco.

Xornada domingo Tarde:Disputouse a final de 200 metros mulleres, onde Korai Bures, quedo en 8º posto cuns discreros 26.79, na fnal de martelo Irimia Mollinedo (4ª) con 43,08 MMT, Noelia Ferradanes (5ª) con 41,38 e Laura Pérez (6ª) con 40,89 MMT. En semifinais de valados, Denis Galán meteuse na final ao vencer na súa serie con 14,64 MMT e con vento de -2,6, Teresa Miguelez tamén entrou na fnal por tempos ao quedar 3ª da súa serie 16.93, non logrando Monica Cabirta ao facer 17.23 Na final de 400 logrou la 4ª plaza, mellorando a sua mellor marca con 57.85. As probas finais deparáronnos tres medallas mais, unha de prata a cargo de Denis Galan en 110 valos con 14.62 volvendo a MMT e en decathlón, o bronce de Santiago Ferrer con 5.907 puntos, e os oitavos posto para Maria Romero en pértega con 3,00 metros e Teresa Rodriguez en 100 valos con 17.24.E como colofón a gran favorita no 1500 Sandra Mosquera non defraudou e fíxose co titulo de campiona cunha marca de 4.28.94, sendo sexta Brenda Varela con 4.52.63 . Outra de prata a cargo de Leticia Gil en lonxitude con 5,57 MMT., en 3000 metros Esther Navarrete cunha marca de 10.56.23 logrou a 4ª praza. En resumo bos campionatos dos nosos junior cun total de nove medallas (2 ouros, 4 pratas e 3 bronces) e 10 finalistas. Dende a FGA a nosa felicitación Actuacción Gallega Resultados

foto xentileza de Flor Curras

Compartir: