Campionato de España Junior:Unha trintena de atletas galegos competirán este fin de semana en Mallorca.

As pistas de Calviá, Mallorca, acollerán o sábado e domingo o LVI Campionato de España junior de Atletismo. Dos 600 inscritos, preto de trinta son atletas da Comunidade, especialistas das diferentes probas e de clubs de toda a xeografía galega, de Narón a Cangas ou do Barco a Santiago.
A priori, tanto Lucía Pérez, en triplo, como Sandra Mosquera, en 1500, encabezan o ranking nacional da categoría., e parten con serias opcións de medalla. A proba de martelo é a que conta con máis galegos, cinco en total de mozos e mozas, con Pablo Denís e Noelia Ferradanes como aspirantes a podio. Iria Abelleira en altura, ou Leticia Gil, en lonxitude están tamén en bo momento. E Santi Ferrer, no decathlon intentará revalidar a súa boa actuación de pista cuberta, en que conseguiu o bronce.

Compartir: