Resultados

Isaac Vicente bate a marca galega promesa

O atleta vigués Isaac Vicente competiu o sábado no Campionato de España promesa en Córdoba, no que se proclamou campión lanzando o martelo a 66.58m. E na mañá do domingo, en Vila Nova de Cerveira (Portugal), o discípulo de José Manuel Hermida logrou unha marca de 68.22m, coa que bate a marca galega promesa que el mesmo posuía con 68.01, e achegándose ao absoluto de J. M. Almudi, de 68,58m.
Isaac Vicente
realizou en repetidas ocasións esta tempada a marca mínima esixida para o Campionato de Europa sub 23 que se celebrará en Kaunas, Lituania do 16 ao 19 de xullo

Compartir: