En Cordoba celebrouse o Campionato de España de categoria promesa, e onde interviñeron atletas galegos, e tras a disputa da primeira xornada o atleta do
Maratón, Isaac Vicente fíxose co Titulo en lanzamento de martelo cunha marca de 66,58 metros, tambien interveu na proba o atleta do Narón, Jorge Castaño, quedando en 10 posición
cunha marca de 39.64.En pértega Luís Moro do ADAS, felizmente recuperado, faise coa medalla de prata cunha marca de 5,25 (MMT), sendo 4ª Alexandre Sola con 4,70
Fantastico Jean Marie Okutu con 7,76 en lonxitude, que bate o record galego absoluto en posesión desde o ano 1972 de Juan Azpeitia con 7,66 e o promesa que o posesia con 7,59 .En
semifinais de 800, Ruben Rodriguez, non puxo meterse na fnal, ao ser 4ª en semifinais con 1.56.22 . Medalla de prata para Manuel Uriz en xavelina con 60,62 (MMT)., sendo 5º
Fernando Tallón con 58,00 metros Tambien disputouse a fnal de disco mulleres, onde Ana Raquel Revuelta lanzo 32,12 metros (MMT) logrando a sexta posición. Nas
semifinais disputada de 400 metros, José Marquez, logrou o pase á final ao quedar 2º da súa serie con 48.89, sendo 6º Xullo Arias con 51.60. En mulleres
Sara Portabales non se clasificou para a final de 400 ao quedar 6º con 101,19.Na final de 3000 Obs., Saleta Aboy, quedo 7º con 12.08.65. Tampouco Alba
Fernandez valeulle a marca 1.09.75 para meterese na final de 400 valos.Finalizando a xornada coa disputa do 5000 metros femininos, onde tomou parte Sara Pérez, que con
19.05.09 fíxose coa septima posición.
Na Xornada final do Campionato, Eugenia Gandoy participou en 10 Km. Marcha logrando un sexto posto con 53.27.38 facendo o seu MMT, tambien mellorou o seu MMT a atleta do Ourense A.
Postal, Beatriz Viteri, en pértega a exceder o listón en 3,60 metros, ocupando a cuarta praza.. O gran favorito no triplo salto Jose A. Palomanes, proclamouse campión cun
salto de 15,73, o concurso estivo moi rifado, xa que o segundo clasificado o atleta do Castellon, José Bellido tambien realizo a mesma marca.Na final de 400 metros José
Marquez, con 48.88 logro a 4ª posición. Ben Carlos Iglesias na final 110 valos, ao lograr 15.38 (MMT) levantoulle á 5ª praza, Sexta posición para David
Curral en disco con 40.20 mts.Como colofón ao campionato, Juan Pousa fíxose coa medalla de bronce en 3000 Obs. con 9.03.36 realizando a MMT. En decathlon competiu o atleta
do Vila de Cangas, Andre Castelo, cunha puntuación de 4.778 clasificouse en novena posición En resumo bo campionato do noso atletas que se fixeron cun total de 6 medallas
(3 ouros, 2 pratas e 1 bronce) Resultados en directo Video