O pasado sábado día 27 celebrouse no Barco de Valdeorras o Campionato Galego de Veterans e en Pontevedra o Campionato Galego Xuvenil, Júnior e Promesa de pista ao aire libre, tanto de homes como
de mulleres.
Campionato Galego Xuvenil, Júnior e Promesa
Celebrouse nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de
Pontevedra. A competición tivo lugar cunha boa climatoloxía e a presenza na grada de numerosos aficionados a este deporte. Entre os atletas participantes atopábanse varios deportistas que figuran
entre os primeiros do ránking nacional da súa categoría como son as xuvenís Leticia Fernández (1ª en 1.500 m), Lidia Parada (2ª en xavalina e Antía Martínez (3ª en 100 m.l). En júnior, Borja
Barbeito (3ºen xavalina), Lucía Pérez (1ª en triple), Sandra Mosquera (1ª en 1.500, 3.000 e 5.000). En categoría promesa Jean M. Okutu (2º en lonxitude) e Isaac Vicente (2º en martelo).Resultados . Fotos Promesa,Junior,Xuvenil:
Campionato Galego de Veteranos
Terá lugar no Barco de Valedoras, en xornada de tarde, desde as 17,00
ás 20,30 horas. Son veteranos aqueles atletas de máis de 35 anos de idade. Cabe destacar a participación de atletas situados no ránking nacional como son, entre outros, Roberto Faya (3º en 400m l),
Basilio Bernárdez (3º en lonxitude), Martín Brea (1º en disco), Luís Nogueira (1º en xavalina), Consuelo Pérez (1ªen 100 m.l e 2ª en 200), Teresa Sánchez (1ª en 400 m.v) e Soidade Castro (1ª en
10.000 m).