Onte mércores 24 de xuño publicouse no DOG a Orde do 12 de xuño de 2009 pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos oma deportistas galegos de alto nivel, polo procedemento iniciado en novembro de 2008, así como as solicitudes desestimadas e a ausa. Os/as deportistas recoñecidos/as neste procedemento serán DGAN ata o 25 de xuño do ano 2012. Nos vindeiros días, todos/as os/as deportistas que solicitaron ser DGAN nesta convocatoria, recibirán a resolución oficial deste procedemento vía correo postal, na que se lles comunicará se foron ou non recoñecido/as coma DGAN. Nesta Orde tamén se inclúe aos/ás Deportistas Galegos/as de Alto Nivel recoñecidos/as en anteriores convocatorias e todavía con beneficios vixentes, así como a data na que perderán esta condición. Mais informacion