Este sábado viaxarán ata Pescara (Italia) os 30 integrantes do equipo español que participarán nos Xogos do Mediterraneo que se disputarán ao longo dos días 30 de xuño, 1, 2 e 3 de xullo. Salientar a presenza de dous atletas galegos, o marinense Víctor Rioboo que competirá na proba dos 800 m.l. e a ferrolán Begoña Garrido que participará na proba dos 400 m.l. Tamén salientar a presencia do presidente da FGA, D. Isidoro Hornillos que foi designado Xefe Oficial do equipo polo presidente da RFEA D. Jose María Odriozola. Noraboa a todos eles e desexámoslle moita sorte nesta relevante competición. Mais informacion