Resultados

Campionato de España Xuvenil: Oros para Lidia Parada e Leticia Fernández e Prata para Sonia Beceiro

O pasado fin de semana en Motril celebrouse o Campionato de España de Xuvenil, en onde varios dos nosos atletas competiron a bo nivel e lograron un total de medallas. Lidia Parada do club do Barbanza, fíxose co ouro na proba de xavalina cunha marca de 46,70 (MMT),igual metal para a atleta do Ourense Academia Postal en 1500 Leticia Fernandez cun rexistro de 4.46.19. demostrando seu favoritismo, pois resulto tambien vencedora na súa semifinal e Medalla de prata para Sonia Beceiro en Extahlon cuns parciais de 15.46,1,59,9.99,4,79,20,14 e 1.48.44 para unha puntuación final de 3.520, tambien interveu nas combinadas Alicia Merino do San Fernando Lucus que se fixo cunha meritoria 5º praza con 3.278 puntos.

Compartir: