XXIII Edicion do Gtan Premio de Marcha Cantóns da Coruña,
desenvolveuse nun circuíto esplendido para a marcha e en onde déronse cita un gran número de afeccionados que acudiron a presenciar a proba nunha xornada atletica de gran nivel.
A tarde resultou moi agradable debido ao bo tempo, o que axudou aos participantes. Á 18,00 horas deuse a saída aos 20 Km. de mulleres, en onde nos primeiros quilómetros foi a noruega Platerz dominó
a carreira, pero a partir do Km. 11 a forte loita decantouse para a alemá Sabine Krant que cruzou a liña de meta nun tempo de 1.30.20, sendo a noruega segunda con 1.30.56 e acompañandoles en podium
a portuguesa Vera Santos con 1.31.13 . A española Beatriz Pascual entro na 7º posición 1.32.44. A representación galega estivo acargo de Lorena Luaces e Eugenia Gandoy,. Loreno terminou 13ª con
1.35.16 .(novo record galego) Eugenia non terminou a proba.
A carreira de homes resulto emocionante, pois durante todo o percorrido a carreira sue a bo ritmo e os tres primeiros estiveron separados por 35 segundos. A primeira praza fua para o chinés Chu Yafei con 1.19.51,seguido a catro segundo do
noruegués Eric Tysse con 1.19.55 e en terceira posición o mexicano Eder Sánchez con 1.20.30. sendo o primeiro español José I. Díaz Velásquez con 1.22.17 en novena posición na liña de meta.
10 Km. Junior e promoción
Os 10 Km. estivo dominada pola grega Panagioto con 47.34 e o portugues Flavio Jose Silva con 49.04 os vencedores.
A proba de promoción estivo dominada na mayoria das categorías polos atletas do Cuntis que estiveron presentes en todos os podium.
A nota entrañable deuna Jordi Llopart que intevino nos 5Km. realizo un tempo de 29.37 e deixou constancia do seu cariño para o publico coruñés.
Resultados GP Marcha Promoción FOTOS