Resultados

Campionato Nacional de Clubes

O próximo sábado día 6, en Pamplona, o RC Celta enfróntase, para permanecer en División de Honor masculina, ás locais do Scania Navarra, Universidade do País Vasco e AA Catalunya. O encontro é definitivo e preséntase complicado para o Celta, cuxa puntuación na anterior xornada foi inferior á dos seus rivais.
Primeira División
Distinta preséntase a fase de ascenso a División de Honor, na que compiten o Ourense Academia Postal (en homes e mulleres) e o C.A. Feminino Celta. Os homes de Ourense enfróntanse en Jaén ao Caixa Jaén, ISS LHospitalet e CA Elche. Deben de vencer os ourensanos, que ascenderían a División de Honor; o contrario sería unha gran sorpresa.
En mulleres as ourensanas e viguesas enfróntanse o domingo día 7, a partir da 9,30 horas nas pistas de Pereiro deAguiar, a AD Maratón e Pozuelo Madrid. As marathonianas preséntanse como un rival difícil de batir.
Segunda División
As mozas do C.A. Sierra Narón enfróntanse en Torrent á Fase Final deascenso a 1 División. Enfróntanse oito equipos dos cales os dous primeiros obterán o ascenso. O equipo galego é moi mozo e ten limitacións nalgunha proba, pero loitará por acadar o seu obxectivo Mas información

Compartir: