Resultados

Esta mañán celebrouse nas pistas de Bastiagueiro o clásico encontro entre a Escola Naval de Marín e a FGA

Nas remodeladas pistas do INEF (Bastiagueiro) celebrouse esta mañá un pequeno pero xa clásico encontro entre a Escola Naval de Marín e a Federación Galega de Atletismo. A competición contou con 5 probas: 100, 200, 400, 1500 e salto de altura, ademais dun relevo 4×100. Maila que o encontro era amistoso a competición non deixou de deleitar ao público presente. Salientar o dominio dos alumnos da Escola Naval de Marín na proba de salto de altura, que acaparon os primeiros postos e a carreira dos 100 , 200 e 400 metros lisos, probas moi reñidas. Nos 1500 ml destacada actuación dos integrantes do combinado galego.

Compartir: