Novamente as pistas de atletismo de Avilés acollerán unha importante competición, neste caso o Campionato de España escolar de pista ao aire libre na categoría xuvenil. A selección galega viaxou hoxe cunha expedición formada por un total de 40 atletas, 3 adestradores, 1 delegado federativo e 1 xefe de expedición da Xunta de Galicia. A competición dará comezo mañá sábado e rematará o domingo ao mediodía. Os atletas galegos poden facer un bo papel neste campionato. Algúns deles sitúanse entre os 8 mellores rexistros do ranking de España, tal é o caso de Carlos Porto, Enrique Prego, Sergio Telleira, Marta Casanova, Leticia Fernandez, Lorena Guitian, entre outros. A todolos eles desexámoslle o mellor neste campionato.