Resultados

II Xornada Campionato de España de Clubes

A segunda fase da Liga de Clubs foi totalmente positiva para os equipos galegos. A Gimnástica de Pontevedra impúxose aos seus rivais en Vigo acadando os 200 puntos, por riba do Nerja que obtivo 182. O Celta clasificouse cuarto neste encontro, debendo esperar á última xornada para permanecer na División de Honor. As mulleres do Ría de Ferrol tamén cumpriron o prognóstico, e permanecerán en División de Honor tras imponerse en Oviedo con 190,5 puntos, sendo segundo o Oviedo At, con 179,5. En Primeira División cabe destacar a actuación do Ourense Academia Postal, que tanto en homes como en mulleres, impúxose folgadamente aos seus rivais en Zaragoza e Vigo respectivamente, clasificándose para a fase de ascenso a División de Honor. O Celta de mulleres opta tamén ao ascenso de categoría ao clasificarse en segundo lugar, tras as orensenas, no encontro de Vigo. Resultados todos os encontros

Novo record Galego xuvenil
Na Liga de Clubs, no encontro de División de Honor celebrado en Valencia, a atleta galega Ana Domínguez Bermudez, do Praias de Jandía, batió o record galego xuvenil de xavalina cunha marca de 46,56. Con dita marca a atleta de Cerceda sitúase, ademais, primeira no ránking nacional da súa categoría e terceira do absoluto, clasificándose para o Campionato Mundial xuvenil.

Compartir: