Resultados

II Xornada Campionato Nacional de Clubes

O vindeiro sábado día 16 celébrase a segunda xornada da liga de División de Honra na que participan en homes os equipos da Ximnástica de Pontevedra e Real Club Celta de Atletismo. Ambos se enfrontan pola permanencia na categoría nas pistas de Balaídos, tendo como rivais ao Nerja At. e ao Universidade do País Vasco. Prevese unha pechada loita posto que os catro equipos teñen un potencial similar. En mulleres, e tamén pola permanencia, as ferrolás do Ría de Ferrol desprázanse a Avilés, onde se enfrontarán a Oviedo At, Universidade de Oviedo e ISS L´Hospitalet. Este último será, case con toda seguridade, o rival a bater polas ferrolás, que na xornada anterior impuxéronse xa ao Oviedo At. por 41 puntos de diferencia.
Primeira División
O domingo día 17 os ourensáns do Academia Postal bateranse en dúas frontes polo título que lles permita optar ao ascenso de categoría. Os homes farano, en Zaragoza onde se oporán ao Oviedo, Scorpio e ISS L´Hospitalet. Os cataláns son o rival a bater, pero as marcas dos ourensáns presaxian que serán eles os que obteñan a primeira praza. As mulleres enfrontaranse, en Vigo, ao Celta, Esnova Xixón e Cajacanarias 1984. Nin canarias nin asturianas parecen rivais para os dous equipos galegos, moi igualados en marcas, tanto en puntos como en táboa. Mais información

Compartir: