O pasado fin de semana nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, celebrouse o Campionato Galego de Pentathlon de veteranos en onde o atleta do Zarza , José Dominguez Caballero con 2730 puntos fíxose co titulo na categoria M35. En M45 Javier Viteri del Ourense A. Postal gañou con 2822 puntos, e en mulleres Pilar Golán con 1760 puntos foi a vencedora. No criterium os vencedores foron en Octathlon, Antonio Molina (CPC)con 4102 puntos, en Decathlon junior, David Ferrer con 5122 e absoluto Manuel Martinez logrou 4813 puntos. En mulleres a xuvenil do Sierra Narón, Sonia Beceiro gañou o Exathlon con 3333 puntos e Eva Fernandez del Ria Ferrol, fíxose co heptathlon con 3981. puntos Resultados