Exitos dous galegos no Campionato de España Universitario: Begoña Garrido novo récord galego de 400 metros.

Importante colleita de medallas para os atletas galegos na disputa do Campionato de España celebrado este pasado fin de semana nas pistas da Universidade Rei xoan Carlos I en Fuenlabrada(Madrid). Este Campionato é condición indispensable para acudir á Universiada a celebrar en Belgrado, ademais da realización de determinadas marcas mínimas. A selección española estará formada por un máximo de 20 atletas.
Un total de 10 medallas traéronse os galegos, salientando a actuación do equipo da Universidade de Vigo, que conseguiu un ouro, dúas pratas e dous bronces.
Sobresaliente actuación de Begoña Garrido (Univ. da Coruña) en 400m, que cun crono de 54.14, batió a marca galego absoluto que ela mesma posuía con 54.24.
Ouro para Solange A. Pereira(UVigo) en 1500, cun tempo de 4.35.27 , nunha proba dominada polas galegas, xa que a prata lla levou Alicia Folgar, da Universidade de Santiago, 4.40.75 e o bronce, Sandra Mosquera, (UVigo).4.41.01 Bos resultados tamén en triple salto para Lucía Pérez Currás, 12.20m e Alfonso Palomanes 15.92m, ambos da Universidade de Vigo, que se proclamaron subcampións cun concurso cuspido, os dous dominaron a proba, pero ela foi superada no 5º por 1cm, e el perdeu o ouro tamén por 1cm. Lucía Pérez quere dedicar este éxito ao EMEVÉ lucense, como apoio trala traxedia sufrida e en lembranza das xogadoras falecidas, con competiunas e compartiu campionatos coa Selección galega de voleibol.
Tamén da Universidade de Vigo, bronce en pértega para Beatriz Viteri, cunha marca de 3.30m e ademais varios finalistas; cuartos postos para Eva Iglesias, marcha; Gustavo Nieves en 5000m. Víctor Gallego, 4º en peso, e 5º en disco. Miguel Gómez en 100m e Alfonso Palomanes en lonxitude obtiveron a sexta praza. Lamentar a descualificación de Lorena Luaces na marcha, que tiña claras opcións para conseguir medalla.
Da Universidade de Santiago, prata para Marta Fernández en 5000(17.01.00)..
No que fai aos galegos que estudan fóra da Comunidade, ouro para Víctor Rioboo (Autónoma de Madrid) en 800m e Manuel Hurtado (Complutense) bronce en 10000 Resultados

Compartir: