Publicouse con data de hoxe a Circular 35-2009 que recolle o listado de atletas incluidos no PGTA que solicitaron un recoñecemento médico e que a FGA becará cun 50 ou 100 % dos gastos. Asemade todolos atletas federados non incluidos no PGTA que desexen facer un recoñecemento médico básico ou completo e disfrutar dos precios especiais do convenio da FGA ca Unidade de Medicina Deportiva do Hospital Santa Teresa poderán facelo seguindo as instruccións que se sinalan na Circular. Lembramos que calquer atleta que se acolla ao precio especial do convenio para o recoñecemento médico completo (160 euros) disporá dunha consulta médica, unha proba de esforzo con rexistro de gases, espirometría e electrocardiograma, unha analítica sanguínea, así como estudo da composición corporal con DEXA e espirometría en repouso. Todas estas probas son de gran utilidade non só para descartar posibles patoloxía cardíacas senón tamén para ver o estado de forma do deportista e planificar correctamente o adestramento. Circular 35-2009