A Compostela Cup en Lugo na súa 3º xornada clasificatoria en pista

A 3ª xornada clasificatoria da Compostela Cup Atletismo 2009 disputarase o vindeiro domingo 29 de marzo nas pistas Gregorio Pérez de Lugo.
A Delegación de Lugo da Federación galega de Atletismo será a encargada de organizar estas probas e recoller os froitos da magnífica laboura realizada nas fases anteriores celebradas en Noia e en Ourense, rexistrando entre ambalas dúas
xornadas máis de 400 participantes, destacando nesta tarefa as delegacións de Santiago e de Ourense. Este proxecto común entre as delegacións da Federación Galega de Atletismo comenza a dar os seus froitos e compre lembrar que o patrocinio das probas corre a cargo da Fundación Compostela Deporte. A fase de Lugo será a penúltima oportunidade de tentar clasificarse para a fase final que será celebrada no mes de xuño en Santiago de Compostela. A derradeira xornada clasificatoria celebrarase o día 18 de abril nas pistas de Atletismo da Fieiteira no Concello de Riveira.
Horario Fase Lucense

Regulamento Xeral da Competición

Compartir: