O próximo sábado día 28 e o domingo día 1 de marzo, nas pistas de
Anoeta (San Sebastián), celebrarase o XXIII Campionato de España Promesa en pista cuberta. Ao campionato acudirán oito atletas galegos. En homes salienta a presenza dos saltadores Jean Marie Okutu
(Gimnástica), que con 7,44 en lonxitude ocupa a segunda posición do ránking nacional na categoría e Alfonso Palomanes (Academia Postal) cuarto en triple con 15,61 m, ambas marcas foron realizadas o
pasado día 22 no Campionato Nacional absoluto en Sevilla. Por parte das mulleres destacar a presenza de Sara Pérez (Celta) que competirá en 1.500 e 3.000 m, proba esta na que ten a quinta mellor
marca da categoría, 18.15.3. e de Beatriz Viteri (Academia Postal), que con 3.56 m en pértega é tamén a quinta do ránking nacional.ATLETAS INSCRITOS
Os veteranos en Zaragoza
Os mesmos días 28 e 1 de marzo, os veteranos galegos competirán no XX Campionato de España de pista cuberta, en Zaragoza. Serán 26 homes e 14 mulleres os que se despracen a terras aragonesas. Os
máis destacados do ránking nacional na súa categoría son Basilio Bernárdez (Celta), que competirá en lonxitude e triple; Xulio Ventín (ADAS), en peso e pentatlón. En mulleres María Jesús Sanguos
(Comesaña), en 60 valos e Emilia Mesa (Academia Postal) en peso e lonxitude ATLETAS INSCRITOS
Foto: Palomanes, poseedor do record galego de triplo con 15,61 mts.