Resultados

Excelente comezo de tempada para Virginia Villar.

Virginia Villar participou o pasado sábado 14 na Reunión Internacional Cidade de Valencia, na proba de 60m valos, parando o crono en 8.52, a dez centésimas da marca galego, mellor marca galega e persoal da tempada, deixando clara a súa progresión. Nesta ocasión tomou parte na final A con algunhas das atletas internacionais máis salientadas, como Danielle Carruthers, Josephine Onyia ou Glory Alozie e clasificouse en 5ª posición.
A atleta do Benacantil Porto de Alacante, que adestra a diario nas pistas de Balaídos baixo a dirección de Virgilio González Barbeitos, está realizando unha magnífica tempada, acudindo como convidada ás citas atléticas máis relevantes. Na Copa da raíña en Valencia, clasificouse en 2º lugar, e no Meeting de Zaragoza fixera a mellor marca galega da tempada cun crono de 8.55, que rebaixou o pasado sábado. Isto convértea nunha firme candidata ao podio nos próximas nacionais indoor en Sevilla os días 21 e 22.

Compartir: