Resultados

Manuel Penas e Marta Fernandez vencedores do II Cross de Galicia

A choiva respetou o II Cross de Galicia celebrado onte no duro circuito do Monte do Gozo sito en Santiago de Compostela. A mañán amaneceu fría e ventosa, o circuito cheo de barro e moi pesao fixo que os atletas mais fortes acadaran o éxito nesta segunda edición do Cross de Galicia. Na carreira absoluta femenina Marta Fernández demostraba novamente o seu poderío no campo a través facéndose ca victoria e superando a María Jesús Gestido e a atleta internacional Sandra Mosquera. Na carreira masculina, dominio de Pedro Nimo nos primeiros kilómetros, quen foi capaz de impoñer un forte ritmo de carreira aventaxándose do resto do grupo formado por Lolo Penas, Carlos Villamor, José A. Ramallo, Ivan Iglesias e Robertas Geralavicius, entre outros atletas. Mais tarde Pedro Nimo sufriría un flato que non lle permitía rematar a carreira, facéndose co dominio da mesma o atleta arzuano Manuel Penas, que entraría victorioso tras facer unha escapada en solitario e acadando así o título e os 850 euros de premio en metálico.A segunda praza foi para Robertas Geralavicius e a terceira para Carlos Villamor.(mais informacion) Resultados

A choiva respetou o II Cross de Galicia celebrado onte no duro circuito do Monte do Gozo sito en Santiago de Compostela. A mañán amaneceu fría e ventosa, o circuito cheo de barro e moi pesao fixo que os atletas mais fortes acadaran o éxito nesta segunda edición do Cross de Galicia. Na carreira absoluta femenina Marta Fernández demostraba novamente o seu poderío no campo a través facéndose ca victoria e superando a María Jesús Gestido e a atleta internacional Sandra Mosquera. Na carreira masculina, dominio de Pedro Nimo nos primeiros kilómetros, quen foi capaz de impoñer un forte ritmo de carreira aventaxándose do resto do grupo formado por Lolo Penas, Carlos Villamor, José A. Ramallo, Ivan Iglesias e Robertas Geralavicius, entre outros atletas. Mais tarde Pedro Nimo sufriría un flato que non lle permitía rematar a carreira, facéndose co dominio da mesma o atleta arzuano Manuel Penas, que entraría victorioso tras facer unha escapada en solitario e acadando así o título e os 850 euros de premio en metálico.A segunda praza foi para Robertas Geralavicius e a terceira para Carlos Villamor. Nas restantes categoría os campións foron: María Perez e Pedro Ossorio (benxamin), Iria Rodriguez e Tariku Novales (alevin), Angela Gonzalez e David Santorio (infantil), Yeni Fernandez e Dario Soto (cadete), Remedios Rodriguez e Iago Dieguez (xuvenil), Cristina Gil e Oscar Vicente (xunior), Sara Perez e Jesús Gomar (promesa), Almudena Cordon e Antonio Amoedo (vet. 35), Soledad Castro e Antonio Sobrado (vet. 40), Marian Fernandez e Manuel Vigo (vet. 45), Carmen Rodriguez e Fernando Porto (vet. 50), Isabel Brea e Antonio Porto (vet. 55), Francisca Romasanta e Tarcisio Rodriguez (vet. 60), Antolin Rodriguez (vet. 65) e Manuel Rosales (vet. 70)

Compartir: