Resultados

II Cross de Galicia – Campionato Galego de Veterans

Onte foi presentado no departamento de Deportes do Concello de Santiago, no estadio de San Lázaro, a segunda edición do Cros de Galicia, que se disputará o próximo domingo. Ao acto, ademais do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, asistiron o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o delegado de atletismo en Santiago, Iván Sanmartín; e os dúas gañadores da primeira edición: Pedro Nimo e María Jesús Gestido.
Andrés Fariña explicou o traballo que se está facendo en Santiago para este deporte. “Estamos intentando consolidar eventos do atletismo para, logo, poder ter mellores instalacións. O importante é que se fomente a práctica deste deporte”, asegurou o concelleiro.
O presidente da federación, Isidoro Hornillos, recalcou a gran cultura do pedestrismo que existe en Galicia e remarcou que é “un escenario moi bonito e é perfecto para que se vexa un bo espectáculo”, concluíu. O obxectivo que se han marcado desde este organismo é que esta proba entre dentro do calendario nacional, “aínda que sabemos que é moi difícil”, argumentou Sanmartín, o delegado en Santiago.
Con respecto ao ano pasado, haberá máis categorías, xa que correrán desde os benjamines ata os séniores, desde as 09.45 horas ata as 13.40, na Monte do Gozo. Ademais, esta carreira tamén servirá para o Campionato Galego de Veteranos, que se desenvolverá dentro da mesma proba .Regulamento

Onte foi presentado no departamento de Deportes do Concello de Santiago, no estadio de San Lázaro, a segunda edición do Cros de Galicia, que se disputará o próximo domingo. Ao acto, ademais do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, asistiron o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o delegado de atletismo en Santiago, Iván Sanmartín; e os dúas gañadores da primeira edición: Pedro Nimo e María Jesús Gestido.
Andrés Fariña explicou o traballo que se está facendo en Santiago para este deporte. “Estamos intentando consolidar eventos do atletismo para, logo, poder ter mellores instalacións. O importante é que se fomente a práctica deste deporte”, asegurou o concelleiro.
O presidente da federación, Isidoro Hornillos, recalcou a gran cultura do pedestrismo que existe en Galicia e remarcou que é “un escenario moi bonito e é perfecto para que se vexa un bo espectáculo”, concluíu. O obxectivo que se han marcado desde este organismo é que esta proba entre dentro do calendario nacional, “aínda que sabemos que é moi difícil”, argumentou Sanmartín, o delegado en Santiago.
Con respecto ao ano pasado, haberá máis categorías, xa que correrán desde os benjamines ata os séniores, desde as 09.45 horas ata as 13.40, na Monte do Gozo. Ademais, esta carreira tamén servirá para o Campionato Galego de Veteranos, que se desenvolverá dentro da mesma proba .

Compartir: