Onte domingo celebrouse na sede do COE, en Madrid, a Asemblea Xeral
Ordinaria da Real Federación Española de Atletismo (RFEA), á que asistiron 112 asambleistas entre os que se atopaba o presidente da Federación Galega Isidoro Hornillos, membro a Xunta Directiva da
RFEA, que encabezaba a delegación galega da que formaban parte dos asambleístas Mariano Garcia Verdugo, Jorge Touriño, Lorena Luaces e os representantes dos clubs Ourense Academia Postal, Sociedade
Gimnástica de Pontevedra, Atletismo Feminino Celta e o Real Club Celta de Atletismo.
Campionatos nacionais en Galicia
A Asemblea aprobou o calendario de actividades para a tempada 2008/2009 pola que se asignaron a Galicia o Campionato de España de Clubs Veteranos e o Campionato de España de 10.000 m júnior
e promesa, que se celebrarán, ambos, en Pereiro de Aguiar (Ourense) o 20 de xuño.Tamén se aprobou que o Campionato de España de Campo a Través individual da tempada 2009/2010 sexa o 27 de
marzo de 2010 na Coruña, no circuíto da Torre,
Unha proba histórica
O Campionato de España de Campo a Través é unha proba histórica que se iniciou en Madrid en 1.916 e que tivo presenza en Galicia en 7 ocasions en os anos 1930 y 1958 en Vigo, 1985 Fene, 1989,
Baiona, 2000 Ourense, 2001 O Burgo y non 2004 en Santiago.