Os lanzadores da “factoria Hermida”,un ano máis, como ven sendo tradicional no mes de decembro, os atletas galegos desprazáronse a Portugal para tomar parte nas competicións do país veciño, onde sempre son ben acollidos. A pista coberta en Braga é un dos principais destinos, tanto no seu “Torneio de Nadal” do día 20 coma no “Torneio de Ano Novo” do 27, con participacións de galegos de distintos clubes. Outra cita de importancia foi o sábado 27 en Vilanova de Cerveira, no ” Torneio de Lanzamentos”, na que moitos dos participantes foron atletas galegos de alto nivel, buscando as primeiras marcas da tempada. Resultados